Galego

Dícese de los políglotas o practicantes de lenguas varias.

Moderador: Larús

Avatar de Usuario
kithara
Lector
Mensajes: 84
Registrado: 27 Nov 2004 05:18
Ubicación: Donde el libro me lleve
Contactar:

Re: Galego

Mensaje por kithara »

FELIZ ANINOVO!

Canto tempo sen pasar pola web, lin todo escrito ata agora. Tiña que poñerme ao día.
Estiven por primeira vez en Galicia, no Nadal... encantoume!
O menú da Noite Boa foi o típico: Bacallao con coliflor, a mi non gusta, tamén chegou o apalpador, tornou as castañas por agasallos, ao mellor nos atopo gordos.. hahahaha

Teño que facer un curso para aprender o galego, atopei unho na red, ten boa pinta! xa os contarei.

En canto a lista de libros:

Suscribo alguns, como podedes ler, e tamén poño outros:
O home sen nome,
trece badaladas
O lápis do carpinteiro
Unha espía no reino de Galicia
Morning Star de Xosé Miranda
Os vellos non deben de namorarse de Castelao
Oxala voltasen tempos idos, realmente lin "Oxalá voltassem tempos idos!" (galego reintegrado)
( a segunda parte de Merlín e familia)
Ensayo sobre a Cegueira de Saramago (galaico-portugués)

Agora non lembro máis, estes son os que me veñen á cabeza que deixaron bo sabor de boca...


saudos dende Madrid
Unha aperta para comenzar ben o año!!!!
1
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

Kithara!!! :D :D

pero eres galega de nacemento e agora vives en Madrid? ou tes familia galega? ou só sabes galego por que che gusta? :lol:

Grazas polas recomendacións!!

Un saúdo e feliz aninovo! :wink:
Avatar de Usuario
kithara
Lector
Mensajes: 84
Registrado: 27 Nov 2004 05:18
Ubicación: Donde el libro me lleve
Contactar:

Re: Galego

Mensaje por kithara »

Caí... re!

Son madrileña, miña nai é galega, supoño que por iso chámame a terra. Encantame galicia e os galegos. Ti, de donde eres?
1
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

Eu son de Padrón, terra de Rosalía de Castro, Macías o namorado e Camilo José Cela :wink: aínda que toda a minha familia é de A Guarda... e agora estudo na Corunha :lol:

A min tamén me encanta Galiza, e as galegas :lol:

Un saúdo!
Avatar de Usuario
kithara
Lector
Mensajes: 84
Registrado: 27 Nov 2004 05:18
Ubicación: Donde el libro me lleve
Contactar:

Re: Galego

Mensaje por kithara »

Coñezo A Guarda, por suposto o Monte de Santa Tegra. Pero teño pendiente a festa do viño, non lembro si ese é o seu nome... falaronmé moi ben de ela.. hahaha

A Coruña a coñezo dende hai 6 anos, é moi linda. Estiven no Nadal por alí.
Non he doado ser falante galego en A Coruña, non si?
1
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

Non, doado non é, a verdade é que é unha cidade moi espanholizada, pero bueno, a min dame igual, eu o sigo falando e o falarei sempre... é que hai que pensar que corunha tivo un alcalde antigalego durante máis de 20 anos.. e iso, marca...

Un saúdo!!! :wink:
Avatar de Usuario
ceridwen
No puedo vivir sin este foro
Mensajes: 630
Registrado: 28 Oct 2007 16:02
Ubicación: Terra Meiga

Re: Galego

Mensaje por ceridwen »

Hoxe ó redor das 9,00 h. escomezou a nevar na nosa cidade. Coincidiu na hora de entrar a Gala na escola. Subín a casa, collín a cámara de fotos e fun coa pequena (Alba) a uns xardíns. Aínda que facía moito frío, estaba abraiada :o . É a primeira vez que ve nevar. Estaba moi simpática toda abrigada (gorro, bufanda, manoplas) e baixo o paraugas. As folerpiñas parecían anacos de algodón miudiños. A verdade é que para nós, é un espectáculo. Gala leva un tempo decindo que este ano quere ir á neve, non estaría mal que a neve viñera a ela. Por exemplo, esta fin de semana, neve de abondo para xogar con ela e facer bolas coas mans.
1
Avatar de Usuario
Pepinha
No puedo vivir sin este foro
Mensajes: 937
Registrado: 17 Oct 2007 16:47
Ubicación: Dende Galicia para o mundo!!

Re: Galego

Mensaje por Pepinha »

Debeu nevar en bastantes sitios, porque onte cando acabei o curso de Cine-educación e collín o coche, nada máis entrar na autovía xa estaban os paneis co de: distancia de seguridade por risco de xeo
1
Avatar de Usuario
kithara
Lector
Mensajes: 84
Registrado: 27 Nov 2004 05:18
Ubicación: Donde el libro me lleve
Contactar:

Re: Galego

Mensaje por kithara »

Neve!

Onte a neve era a protagonista da historia, Madrid máis bonito ca nunca.
hoxe só queda o branco donde o home non pisa o non roda.

Agora estou a "perder" o tempo vendo fotos xa que a miña gripe non quere sair ao frío.
fotos de onte, as fixeron anóminos e internet as trae a miña casa.
Encantáriame estar nel Retiro, un home paseou cós esquies, era o seu soño e onte pudo facelo realidade.

Gústame a paisaxe que vexo dende a fiestra; a neve saca o neno que temos durmido... mentras eu esquezo que teño agasallos que cambiar.
1
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Galego

Mensaje por Goethe »

Pois na Corunha non nevou... Bueno, si, si nevou, pero só na zona interior de Zapateira... porque até a facultade non chegou nada de neve... así que coma se non nevase.. :|

Iso si, fai un frío.... :quefallo:
abraiado

Ronsel

Mensaje por abraiado »

Hola, e feliz aninovo!

Como nunca atopaba un foro sobre lieratura galega (como este, por exemplo), referido especialmente ás nosas letras, decidín abrir un:
http://ronsel.netgoo.org/

Se queredes pasarvos e facer algunha achega sodes benvidos. Hai que dinamizar o choio!

Un saudo!
Avatar de Usuario
Goethe
No tengo vida social
Mensajes: 1235
Registrado: 26 Feb 2007 15:21
Ubicación: Galicia

Re: Ronsel

Mensaje por Goethe »

Grazas abraiado!!!!!

eu polo de agora non me podo pasar... ( os exames de febrerio me tenhen aghuniado xD )

Pero gardo o link :wink:

Un saúdo!!!
Avatar de Usuario
ceridwen
No puedo vivir sin este foro
Mensajes: 630
Registrado: 28 Oct 2007 16:02
Ubicación: Terra Meiga

Re: Galego

Mensaje por ceridwen »

abraiado: tomo nota para cando lea algunha novela en galego, que coido que será pronto.
1
Avatar de Usuario
Pepinha
No puedo vivir sin este foro
Mensajes: 937
Registrado: 17 Oct 2007 16:47
Ubicación: Dende Galicia para o mundo!!

Re: Galego

Mensaje por Pepinha »

Agora no club de lectura da biblioteca estamos lendo FIN DE SÉCULO EN PALESTINA, de Miguel Anxo Murado. É un relato autobiográfico sobre os cinco anos que pasou alí, que deixa patente que todo o que estes días está a acontecer ven de anos atrás. É moi interesante e ameno de ler.
1
Avatar de Usuario
Berenice
No tengo vida social
Mensajes: 1838
Registrado: 20 Mar 2006 00:01
Ubicación: en un libro

Re: Galego

Mensaje por Berenice »

:O A Fin de século en Palestina téñolle moitísimas ganas. A verdade é que xa me tiña moi boa pinta, e se tí dis que está tan ben, xa vai direto á lista de pendentes :mrgreen:

Abraiado, gardo o enlace para pasarme logo a votar unha ollada :P

Saúdos :wink:
1
Responder